• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS PREMIOS MIN 2021

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS PREMIOS MIN 2021
25 MARZO 2021

Vós, indies recoñecidos, tedes ata o 11 de abril para presentar a vosa candidatura aos Premios da Música Independiente 2021. Os MIN, organizados pola Unión Fonográfica Independente, recoñecen a creación, diversidade e calidade artística das producións independentes publicadas en España, ademais de dar a coñecer artistas emerxentes, achegar a música e o seu proceso de creación ao público, e consolidar o recoñecemento da actividade creativa.

 

Se eres artista ou profesional do sector con algunha gravación (álbum, EP ou single) publicada en 2020 por selos independentes ou autoeditada, inscríbete en premiosmin.com; discográficas, editoriais musicais, managers, ou mesmo ti, poden presentar a candidatura na web. Nesta 13ª edición a UFI segue a apostar pola participación activa do público, que será o primeiro en votar, do 15 de abril ao 4 de maio. Así, o público escollerá aos 15 semifinalistas de cada categoría entre todos os inscritos e, na seguinte fase, do 10 ao 23 de maio, un xurado profesional seleccionará aos finalistas nomeados. Os gañadores daranse a coñecer na entrega de premios que se celebrará o 16 de xuño en —por primeira vez na súa historia— Burgos!

 

Premiaranse 21 categorías, pero o Premio Ticketmaster a Mellor Directo quedará deserto e sen nomeados, como homenaxe ao momento que atravesa o sector e ao esforzo do toda a industria, en especial a artistas, promotores, técnicos, backliners, montadores de escenarios, salas de concertos, festivais, billeteiras e empresas dedicadas á música en directo:

 

Álbum do Ano • Canción do Ano • Mellor Artista • Mellor Artista Emergente • Mellor Videoclip • Mellor Directo (Deserta) • Mellor Álbum de Pop • Mellor Álbum de Rock • Mellor Álbum de Música de Raíz • Mellor Álbum de Jazz • Mellor Álbum de Flamenco • Mellor Álbum de Clásica • Mellor Gravación de Músicas Urbanas • Mellor Gravación de Electrónica • Mellor Álbum en Catalán • Mellor Álbum en Euskera • Mellor Álbum en Galego • Mellor Artista Internacional • Mellor Produción Musical • Mellor Deseño Gráfico • Premio de Honra Mario Pacheco

 

ℹ️ Bases

 

  noticias